7 de novembro de 2026
Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)
Concurso de monólogos científicos en galego

CIENCIA CALIDADE 2026

Do laboratorio ao escenario

Inscricións abertas próximamente

CIENCIA QUE EMOCIONA

TI TAMÉN PODES DIVULGAR

Ti divulgas

Ciencia Calidade é un concurso de monólogos científicos en galego, promovido polas divulgadoras Andrea Muras e Eva Cabanelas, co apoio da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).

Non buscamos expertos en comunicación. Buscamos xente con ganas de contar ciencia doutra maneira.

Con humor. Con emoción. Con paixón.

 

QUERES PARTICIPAR?

Encántache a ciencia pero máis contala? Pois este é o lugar

A inscrición ó concurso está aberta a calquera persoa maior de 18 anos, sen necesidade de experiencia e ofrece unha oportunidade única de formación e acompañamento. Anímate e preséntate! Estamos desexando coñecerte!

Monólogos 7

FORMACIÓN

Terás acceso a formacións online sobre divulgación, guión e posta en escena. En outubro, poderás disfrutar dunha formación presencial para preparar o teu monólogo.

Monólogos 15

INSCRICIÓNS

Cubre o noso formulario de inscrición e envía un vídeo de máximo 1 minuto sen editar. Un comité de persoas expertas en divulgación seleccionará as propostas máis prometedoras.

Monólogos 14

EVENTO FINAL

A presentación terá lugar o 7 de novembro nun esceario do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Será un espetáculo con público no que estrearás o teu monólogo en vivo xunto co resto de concursantes.

IV EDICIÓN CIENCIA CALIDADE

CRONOGRAMA DO CONCURSO

Ata finais de Xullo

Inscricións

Setembro

Comunicación de seleccionadas

Outubro

Formación presencial

7 de novembro

Concurso de monólogos científicos

HUMOR

EMOCIÓN

ORIXINALIDADE

HUMOR

EMOCIÓN

ORIXINALIDADE

CONTAR

Porque a ciencia non é só para entender, senón tamén para compartir. Aquí aprenderás a facelo coa túa voz, á túa maneira.

EMOCIONAR

Non buscamos datos soltos, buscamos historias que cheguen. Que fagan rir, pensar e sentir.

VISIBILIZAR

O galego é ciencia. Galicia ten talento. Este escenario é para poñelo en valor.

ILUMINAR

Nun mundo cheo de ruído e desinformación, a divulgación é unha luz necesaria. E ti podes acendela.

SEO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.